XESTIONAMOS, ASESORAMOS E TRAMITAMOS mediante sistemas informáticos de última xeración, sendo estas ferramentas xestionadas por profesionais dos nosos Departamentos Contables e tamén de forma presencial na nosa oficina. Dentro dos nosos servizos contables pode atopar:
- Asesoramento na organización e desenvolvemento da estrutura contable da empresa segundo os criterios e normativas vixentes.
- Control, contabilización e arquivo dos documentos contables.
- Control de estados contables de forma periódica, e asesoría respecto dos resultados obtidos e posibles modificacións.
- Emisión de Balances de Sumas e Saldos e Balance de Situación.
- Emisión da Conta de Perdas e Ganancias.
- Confección, presentación e legalización de libros obrigatorios e depósito de Contas Anuais no Rexistro Mercantil.
- Informes Económicos-Financeiros.