Traballamos de forma constante para xestionar e resolver calquera anomalía que poida afectar ao bo funcionamento da súa Comunidade de Veciños, así como a procura da boa convivencia entre veciños; considerando de igual relevancia, tanto a boa xestión económica como as relacións humanas.
- Estudo e análise da División Horizontal do Edificio para a súa posta en práctica.
- Confección e presentación de orzamento de gastos, con estudo das cotas de participación.
- Medida e revisión mensual dos contadores de Calefacción.
- Xestión do cobro de cotas da Comunidade.
- Petición de Gasóleo-C, buscando a mellor relación calidade prezo.
- Solicitude de orzamentos para a súa presentación en reunión.
- Convocatoria e asistencia a Xuntas ordinarias.
- Confección das Actas de reunións e transcrición ao libro de Actas, unha vez aprobadas.
- Seguimento dos morosos.
- Solicitude, estudo e comparativa das distintas compañías de Seguros para contratar a mellor póliza de Edificio.
- Tramitación e seguimento dos sinistros da Comunidade.